CRTVG

Buscar

Diego Epifanio será o novo adestrador do Breogán

Publicado o 27/06/2019 21:45
Diego Epifanio será o novo adestrador do Breogán

O club lucense acaba de confirmalo. O técnico burgalés porase á fronte do equipo as dúas próximas temporadas.

O adestrador conta cunha ampla experiencia no Burgos tanto na LEB como na Liga Endesa, equipo que conduciu á elite do baloncesto español.

O club destaca del a súa xuventude, a capacidade de traballo e os extensos coñecementos en ambas competicións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/06/2019