CRTVG

Buscar

Diego Aguirre e Ian MacKay, reforzos para a dianteira e a portería do Deportivo

Publicado o 08/06/2021 20:55

O Deportivo reforza a dianteira e a portería de cara á próxima tempada na 1ª Federación A última incorporación é Diego Aguirre, extremo esquerdo toledano, de 30 anos, que rematou contrato co Numancia. Xogou en Segunda co Raio Vallecano. E Ian Mackay, vello coñecido da afección regresa á Coruña. Chega coa carta de liberdade tras militar a última temporada no Sabadell. No seu palmarés figuran os ascensos co cadro catalán e coa Ponferradina. Mackay, que fará trinta e cinco anos en xullo, volve ao lugar onde se formou.

Noticias web

08/06/2021