Dicionario LGTB+: conceptos para unha linguaxe inclusiva

Este ano celébrase o 50 aniversario dos incidentes que ocorreron no Stonewall Inn, en Nova York, que orixinaron o movemento LGTBI+.
Malia que que nos últimos 40 anos se avanzou moito en materia de diversidade e tolerancia cara a este colectivo en España, aínda nos temos que preguntar se se coñece e se usa unha linguaxe para non facer dano nin estigmatizar a ninguén.
Esta é unha guía de conceptos recomendados pola Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais (FELGTB) para falar sobre a diversidade:
- Axénero: persoa sen xénero e que non se identifica con ningún.
- Asexual: persoa que non se sente atraída sexualmente por ningún outro sexo.
- Bifobia: aversión á sexualidade ou ás persoas bisexuais, a quen o parecen ou defenden.
- Binarismo de xénero: fai referencia ás formas tradicionais, chamadas tamén binarias, de xénero: home e muller.
- Bisexual: orientación sexual de quen sente atracción romántica, afectiva e/ou sexualmente por máis dun xénero sexa o seu propio ou diferente.
- Cisxénero: persoa cuxo xénero coincide co seu sexo biolóxico asignado ao nacer.
- Cisheteropatriarcado: referente á organización social en que só prevalece o criterio do home e sempre que sexa heterosexual e cisxénero.
- Cisheteronormatividade: conxunto de crenzas e ideas asimiladas ao heterosexual e cisxénero, cuxo arraigamento produce un tipo de opresión sobre estes colectivos.
- Demisexualidade: persoa que só se sente atraída por aquelas persoas coas que previamente estableceu vínculos emocionais.
- Disforia de xénero: termo médico que describe a discrepancia dunha persoa co sexo/xénero asignado ao nacer.
- Drag King: muller que se viste e maquilla como home, con intencións cómicas, satíricas ou dramáticas para actuar en espectáculos.
- Drag Queen: home que se viste e maquilla de muller, con intencións cómicas, satíricas ou dramáticas para actuar en espectáculos.
- Expresión de xénero: representación física do xénero, que pode ou non coincidir coa identidade de xénero.
-Gai: home que sente atracción sexual e afectiva por outros homes.
- Xénero: conxunto de características de orixe cultural relativas a patróns de comportamento e de identidade sobre a base das cales se establecen socialmente a distinción entre homes e mulleres.
- Xénero fluído: persoa que non se identifica cunha única identidade de xénero, senón que vai fluíndo entre elas.
- Xénero non binario ou genderqueer: termo que engloba todas aquelas identidades de xénero que van máis aló de home ou muller, tamén chamada cisnormatividade.
- Heterosexual: persoa que sente atracción sexual e afectiva por persoas do outro sexo.
- Homoparentalidade (homomaternidade - homopaternidade): relación existente entre dúas nais lesbianas ou dous pais gais e os seus fillos e fillas derivada da relación xurídica que comporta a filiación.
- Homosexual: persoa que se sente atraída polo mesmo sexo.
- Homofobia: aversión á homosexualidade ou ás persoas homosexuais, a quen o parece ou as defenden.
- Identidade de xénero: fai referencia á percepción que un suxeito ten sobre o seu propio xénero, sen ter en conta cal é o seu sexo biolóxico.
- Intersexual: que presenta características físicas de ambos os sexos, masculino e feminino.
- Lesbiana: muller que sente atracción sexual e afectiva por outras mulleres.
- Lesbofobia: aversión ao lesbianismo ou ás mulleres lesbianas, a quen o parece ou as defenden.
- LGTBIQ+: siglas dos termos lesbiana, gai, trans, bisexual, intersexual e queer, ás que se engade o signo + para aludir ao resto de diversidades sexuais e de xénero.
- Orientación sexual: refírese á atracción afectiva e sexual que as persoas sentimos por outras persoas. En virtude da orientación podemos falar de heterosexualidade, homosexualidade, bisexualidade, asexualidade, pansexualidade, demisexualidade...
- Panxénero: unha persoa que se identifica con todos os xéneros simultaneamente.
- Pansexual: persoa que se sente atraída por todos os sexos e xéneros.
- Queer: Persoa que non é heterosexual ou cisxénero. Rexeita ser clasificada polas súas prácticas sexuais ou o seu xénero para non limitar a súa experiencia como persoa.
- Serofobia: discriminación baseada no medo irracional cara ás persoas que teñen VIH.
- Sexo de asignación: é o que se asigna ás persoas ao nacer pola mera observación dos seus xenitais e en virtude do cal se lle quere presupoñer unha identidade de xénero.
- Transxénero: persoa cuxo xénero non coincide co seu sexo biolóxico asignado ao nacer, con independencia de que se someta a algún tratamento.
- Transexual: persoa que se someteu a un tratamento hormonal ou a unha cirurxía de reasimilación de sexo para obter a aparencia física do sexo oposto.
- Transfobia: aversión ás realidades trans ou ás persoas trans (transexuais, transxéneros, travestis), a quen o parece ou as defenden.
- Travestido/a: persoa que goza adquirindo de forma eventual a aparencia física do sexo oposto.