CRTVG

Buscar

Díaz sobre as primarias no PSOE andaluz: "Sei que non son a candidata de Madrid"

Publicado o 10/05/2021 14:43

A derrota dos socialistas nas eleccións madrileñas acelerou a convocatoria de primarias no PSOE andaluz. O alcalde de Sevilla, que parte como o favorito de Ferraz, preséntase como a alternativa para superar o enfrontamento entre Pedro Sánchez e Susana Díaz, que competiron hai catro anos polo control do partido.

Pero a actual secretaria xeral do PSOE en Andalucía replícalle, asegura que non vive as primarias "como unha segunda volta de nada" e que "xa superou" esta cuestión. Aínda así, Susana Díaz recoñece que ela non é "a candidata de Madrid" e aspira a ser "a candidata dos militantes".