CRTVG

Buscar

Díaz, sobre a suba do SMI: "Estamos discutindo por 30 céntimos ao día"

Publicado o 30/12/2020 15:16

PSOE e Unidas Podemos seguen discrepando na chamada axenda social do Goberno. A ministra de Emprego insiste en subir o salario mínimo o próximo ano, a pesar das reticencias dos socialistas e da negativa da patronal. Yolanda Díaz lamenta que se discuta "por 30 céntimos ao día". Recorda a promesa do Goberno de non deixar ninguén atrás e cre que se non a aproban quedaría atrás "quen máis o necesita".

O día 8 retómanse a mesa de diálogo coa patronal e os sindicatos. Sobre a mesa tamén estará a prórroga dos ERTE. Díaz quere pechar acordos nunha semana e apela á patronal, a quen acusa de alongar as últimas negociacións.

Nunha entrevista na Cadena SER, a ministra de Emprego rexeitou de plano a proposta do ministro Escrivá de ampliar o cómputo para as pensión a 35 anos. Di que Podemos votará en contra.

"Non o imos acompañar, e a forza que temos son 35 votos. Coñecendo o Congreso dos Deputados, vai ter enormes dificultades", apuntou.

Noticias web

30/12/2020