CRTVG

Buscar

Díaz e Díaz e Miba Architects executarán a segunda fase da reforma de San Caetano

Publicado o 06/08/2019 16:14
Díaz e Díaz e Miba Architects executarán a segunda fase da reforma de San Caetano

O estudo coruñés Díaz e Díaz e Miba Architects serán os encargados de executar a segunda fase da reforma do complexo administrativo da Xunta de San Caetano.

O Executivo galego investirá 29 millóns de euros nesta fase, que permitirá a renovación do interior do complexo. As obras comezarán en maio do ano que vén e rematarán no 2022.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a modernidade e adaptabilidade da proposta ás necesidades administrativas do século vinte e un.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2019