Díaz defende que os ERTE se prorroguen "cunha formula similar" máis alá do 31 de maio

A vicepresidenta terceira e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, sinalou este xoves que os expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) deben prorrogarse máis aló do 31 de maio cunha "fórmula similar á actual" e que en breve se abrirá a negociación para iso.
Durante a súa intervención no acto de entrega dos Premios da Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa (Cepyme), Díaz destacou que os traballadores das pemes foron dos principais beneficiarios dos ERTE, un "mecanismo contrastado na súa utilidade e que debe seguir exercendo a súa protección".
"Así o faremos a partir do 31 de maio, nunha fórmula similar á actual, e en breve abrirase a negociación no seo da comisión tripartita (onde están Goberno, patronal e sindicatos)", engadiu Díaz.