Díaz Ayuso anuncia unha rebaixa fiscal "histórica" e promete axudas de 14.500 euros por fillo ás nais menores de 30 anos
Publicado o 17/06/2021 15:07
Isabel Díaz Ayuso expuxo o seu programa de goberno ante a Asemblea de Madrid, que mañá vota a súa investidura.
A presidenta electa reducirá o Goberno autonómico de 13 a 9 consellerías, e eliminará a vicepresidencia. Tamén anunciou para outono a maior rebaixa fiscal da historia da comunidade.
Entre os principais obxectivos do seu mandato, Díaz Ayuso sinalou o coidado da natureza e o fomento da natalidade, para o que presentou varias medidas inmediatas, como un cheque bebé.