CRTVG

Buscar

Ayuso é investida presidenta da Comunidade de Madrid grazas aos votos de C's e Vox

Publicado o 14/08/2019 19:54

A popular Isabel Díaz Ayuso xa é a presidenta electa da Comunidade de Madrid. Foi investida esta tarde grazas ao apoio de Ciudadanos e de Vox, con 68 votos a favor e 64 en contra. A votación púxolle fin a un pleno por momentos bronco e cheo de reproches, no que Díaz Ayuso chegou a denunciar unha campaña de desprestixio contra ela por parte dos partidos de esquerda, aos que acusou de non asumir a derrota.

A popular Isabel Díaz Ayuso xa é a presidenta electa da Comunidade de Madrid. Foi investida esta tarde grazas ao apoio de Ciudadanos e de Vox, con 68 votos a favor e 64 en contra. A votación púxolle fin a un pleno por momentos bronco e cheo de reproches, no que Díaz Ayuso chegou a denunciar unha campaña de desprestixio contra ela por parte dos partidos de esquerda, aos que acusou de non asumir a derrota.

Podemos e Más Madrid foron os que máis cuestionaron a elección de Díaz Ayuso como presidenta, á que vincularon coa corrupción, protagonizando os momentos máis tensos do debate.

Isabel Serra Unidas Podemos: "Criouse entre corruptos, aprendeu moi ben deles, e é garantía de continuar co seu legado".

Íñigo Errejón, Máis Madrid: "Teranos que deixar que lle digamos que non a queremos, ou quere que saiamos aquí a decir que este é un PP novo, e que a candidata le moi ben, que se engaña ás veces pero que le moi ben?".

Isabel Díaz Ayuso, presidenta electa da Comunidade de Madrid: "Para empezar estame falando o personaxe máis traidor da política española. Se eu fose unha política de esquerdas, eses comentarios machistas que me lanza teríaos que tragar".

O PSOE criticou o programa de goberno co que Ayuso accede á presidencia, un cheque en branco, din, a Ciudadanos e a Vox.

Ángel Gabilondo, PSOE: "Vostede non ten medo de perder a liberdade, ten medo de perder o poder".

Ignacio Aguado, Ciudadanos "non sei se a vostedes, pero estou seguro que aos seus votantes gústanlles cada unha das medidas, e gústanlles moito".

Vox apoiou a investidura, pero advertiu que non será de balde.

Rocío Monasterio, Vox: "Nós non somos uns chantaxistas, pero tampouco toleramos ningún tipo de extorsión".

Ayuso pechou o pleno denunciando o que considera unha campaña de acoso contra ela e a súa familia.

Díaz Ayuso: "Eu teño a miña honra, e sábeno, e van intentar dañar a miña imaxe a ver se os meus socios parlamentarios me retiran o apoio. Eso é o que están facendo".

A presidenta electa prometeulle lealdade a Ciudadanos e a Vox, e comprometeuse a curmprir os acordos aos que chegou con ambos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/08/2019