CRTVG

Buscar

Días fríos e previsión de baixada de temperaturas para a última fin de semana do inverno

Publicado o 15/03/2021 19:25

Réstalle menos dunha semana a este inverno e malia que o frío nolo lembra estes días polas mañanciñas a medida que avanza o día o tempo solleiro e as temperaturas agradables invítannos a desfrutar ao aire libre.

A noite pasada foi ben fría no interior, con mínimas que caeron ata os por exemplo os 3,6 graos centígrados baixo cero en Calvos de Randín.

E así, seco e frío, vai seguir os proximos días, segundo o prognóstico meteorolóxico. Iso si, desde MeteoGalicia auguran que a partir do venres o máis salientable será a baixa das temperaturas, sobre todo das máximas.

Esta semana en que o inverno remata, será tamén de gran contraste entre temperaturas mínimas e máximas. A oscilación térmica cehgará aos vinte graos nalgúns lugares de Galicia.

Noticias web

15/03/2021