CRTVG

Buscar

Torra insiste no dereito de autodeterminación na súa mensaxe pola Diada

Publicado o 11/09/2019 09:18

11 de setembro, celébrase a Diada de Cataluña cunha manifestación pola tarde promovida pola Asemblea Nacional Catalá que se prevé masiva, unhas semanas antes de que se faga pública a sentenza do procés.

O independentismo celebra a Diada en Cataluña, marcada este ano pola falta de sintonía entre o independentismo.Xusto no momento en que o Goberno catalán con Quim Torra á fronte facía a tradicional ofrenda floral, dende un balcón comezou a soar o himno de España, unha mostra máis da división da sociedade catalá.

Por mor da chuvia, aprazouse para hoxe o acto institucional que se ía celebrar onte á noite e que presidirán Quim Torra e o presidente do Parlamento, Roger Torrent. O que si se celebrou foi o acto no Parlamento, en que lles entregaron a medalla de honra da Cámara a Óscar Camps, de Proactiva Open Arms, e a Carola Rakete, da ONG Sea Watch.

Na súa mensaxe institucional, o presidente Torra insistiu no dereito de autodeterminación do pobo catalán e asegurou que o independentismo non foi vencido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/09/2019