CRTVG

Buscar

Día solleiro e de altas temperaturas en toda Galicia

Publicado o 22/08/2019 14:38

Despois dunha noite de calor en que os mercurios non baixaron dos 18 graos, nas Rías Baixas moitos madrugaron conscientes de que hoxe aparcar a carón dos areais ía ser tarefa complicada.

E tanto que chegou! Hoxe por exemplo en Vigo as temperaturas ascenderon respecto a onte e agárdanse trinta e tres graos. Por iso os areais das Rías Baixas deixaban hoxe esta imaxe. Ateigados de xente paseando a carón do mar para aliviar unha calor benvida nun verán algo inestable.

E entre os que máis gozan destas temperaturas están eles, os máis pequenos que, ben protexidos do sol, teñen moi claro os plans para contrarrestar a calor.

En Pontevedra as temperaturas máis altas hoxe rexistraranse no Baixo Miño onde poderían superar os trinta e cinco graos. Por certo, saiban que de momento o paraugas nas Rías Baixas só servirá para protexerse do sol. Está previsto que nos próximos días as altas temperaturas queden connosco.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/08/2019