CRTVG

Buscar

A primavera adiántase en Galicia con temperaturas que chegan aos 20 graos

Publicado o 23/02/2019 14:03

Febreiro de 2019 non ten nada que ver co do ano pasado. En Vigo non recordan unhas temperaturas semellantes neste mes desde hai dez anos. E é que 2018 foi frío, máis frío do habitual, segundo as estatísticas que publica a Axencia Estatal de Meteoroloxía. Estes días estanse sobrepasando os 20 en boa parte da costa. Na Coruña superaron os 23 e Pontevedra ou Vigo non andaron lonxe, tamén rozando os 23 graos, como mesmo Mondoñedo.

E a cousa vaise manter durante a fin de semana en toda Galicia. Un anticlón é o responsable destas xornadas solleiras que hai que aproveitar. Como fan os que agora buscan ir ás Illas Cíes fóra da época estival.
Este sábado será posible dende Vigo e Cangas, incluso con ampliación de horarios de regreso polas tardes para gozar máis tempo do Parque Nacional.

Noticias web

23/02/2019