CRTVG

Buscar

Dia refinancia a débeda e consegue acceso a 771 millóns de euros

Publicado o 26/06/2019 08:11

A cadea de supermercados Dia acadou un acordo a longo prazo cos seus acredores para refinanciar a súa débeda. Garante o acceso a 771 millóns de euros de liquidez e a opción a outros cen millóns de euros adicionais.

O seu investidor, LetterOne, inxectou con dispoñibilidade inmediata 500 millóns, cantidade necesaria para que o grupo continúe coa súa actividade, pois está en quebra técnica dende decembro.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/06/2019