CRTVG

Buscar

Día perfecto de Jorge Prado no Grande Premio de España

Publicado o 11/10/2020 19:41

A imaxe dun día redondo é esta que captou a cámara da Televisión de Galicia no circuíto de Arroyomolinos, a dunha saída perfecta, a de como iniciar unha carreira do mellor xeito posible. Atrás quedaban os coidados dos mecánicos á máquina número 61. E os últimos agarimos e consellos dos seus antes do comezo da batalla.
Desde o instante inicial, Jorge Prado liderou as carreiras. Con abraiante solvencia. O único momento no que perigou o seu dominio foi nesta acción co líder Tim Gajser, no comezo da segunda manga. O esloveno superao pero a reacción do galego foi fulminante. A partir de aí, xa non houbo opción. Prado dominaba e por detrás os demais sufrían. Algúns con caídas espectaculares como esta de Jeremy Seewer.
O lucense realizou a mellor actuación indivicual no presente Mundial. Dúas vitorias, algo que só fixera o mancado Herlings, dúas voltas rápidas e dous holeshots. Chegou con vantaxe suficiente á meta, que se permitiu celebralo antes de tempo, tal e como fixo na primeira manga. É unha imaxe que transmite a ilusión de pelexarlle incluso o Mundial a Gajser, ahora mesmo a 50 puntos.

Á festa só faltou o público. Este aplauso estaría multiplicado. O piloto de KTM puido, porén, celebrar o éxito coa súa familia, e co seu equipo. Mentres gozaba da gloria do podio o seu pai Xesús acariñaba un casco, como quen ten o tesopuro dun futuro campión.

Noticias web

11/10/2020