CRTVG

Buscar

Dia pechará 219 tendas durante o mes de xuño, 24 delas en Galicia

Publicado o 04/06/2019 18:23
Dia pechará 219 tendas durante o mes de xuño, 24 delas en Galicia

Dia estuda pechar 219 tendas durante o mes de xuño, 24 delas en Galicia, ao non recibir ofertas por parte doutras empresas interesadas nestes establecementos.

Así o revelou o avogado da cadea de supermercados no transcurso do xuízo que se celebra este martes na sede da Audiencia Nacional en Madrid, en que CC.OO. solicita a nulidade do expediente de regulación de emprego (ERE) proposto por Dia, que afecta 1.604 traballadores. Galicia concentrará 24 peches: 9 en Pontevedra, 8 na Coruña, 4 en Ourense e 3 en Lugo. 

Noticias web

04/06/2019