CRTVG

Buscar

Día Mundial da Arte para reivindicar o pensamento creativo na historia do home

Publicado o 15/04/2021 21:40

E é que estas fachadas non están aí por casualidade, tampouco estas pezas de roupa, nin estes cadros... A arte mellóranos, permítenos evolucionar.

Entramos na Escola de Arte Mestre Mateo, no lugar que custodia, preserva e desenvolve a través da formación as exprexións creativas que nos levan acompañando séculos, tamén en tempos de pandemia.

Unha vida dedicada á arte é co que soña Sara. Cóntanolo mentres traballa no seu proxecto de escultura de fin de estudos.Igual que Sara os seus compañeiros viven este Día Mundial da Arte coidando un ben que leva anos protexéndonos a nós

Feliz, de felicidade..., outra das bondades que nos proporciona a arte.




 

Noticias web

15/04/2021