CRTVG

Buscar

Día mundial contra a dor dedicado á prevención

Publicado o 17/10/2020 21:48

Entramos na unidade de dor do Servizo de Anestesia do Complexo hospitalario universitario de Ourense... Xavier é un dos seus pacientes. Tras un accidente en bicicleta desenvolveu un cadro de neuropatía post-traumática.
A dor crónica é unha enfermidade que afecta non só á saúde do paciente senón a todo o seu ámbito familiar e social. Os doentes ás veces deixan de traballar, de saír, e esa dor acaba interferindo en toda a calidade de vida da familia.
Este ano este día está dedicado á prevención.
Aquí os profesionais sanitarios están a colocar un neuroestimulador medular...
A indicencia de dor está no 18 por cento a nivel nacional, aquí en Galicia é algo maior polo avellentamento da poboación.
Segundo os especialistas, o tratamento axeitado sería un tratamento integral, por un lado o alivio da dor que pode ser con fármacos ou técnicas intervencionistas, pero tamén hai que recuperar a súa funcionalidade...
"Nesta funcionalidade entran o apoio psicolóxico, o exercicio físico e a nutrición. O alivio da dor e a funcionalidade van unidas ao concepto de saúde e por tanto de calidade de vida", di Luz Cánovas Martínez, xefa da Sección de dor do Servizo de Anestesa do Complexo hospitalario Universitario de Ourense
 

Noticias web

17/10/2020