CRTVG

Buscar

A Revista

Día Internacional da Muller

Publicado o 08/03/2018 12:35

Benvidos á Revista deste oito de marzo. Día Internacional da Muller, e hai un gran paro de mullleres en toda Europa, con España como un dos países á cabeza da mobilización, co que o movemento feminista quere demostrar que, "se elas paran, o mundo detense".

En España hai máis de 200 marchas programadas para secundar a protesta, con manifestacións en todas as grandes cidades. Unha folga que vai máis alá do laboral, cunha protesta contra o machismo, a desigualdade e a violencia. E vaian uns datos por diante.

A EPA di que hai máis de dez millóns de homes ocupados. A cifra de mulleres é inferior en case dous millóns. Non se explica senón en termos de desigualdade, porque en España viven máis mulleres.

Outro dato. Quen se dedica ás tarefas do fogar? Só 358 mil homes fronte aos 3,3 millóns de mulleres que din que se dedican ás tarefas do fogar.

E que sucede co coidado dos bebés. É abrumadora a maioría de mulleres que collen a baixa a partir da sétima semana fronte aos homes. Só cinco mil pais fronte a máis de 260.000 nais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

08/03/2018