CRTVG

Buscar

Día Internacional da Morte Perinatal: poñer voz a unha realidade silenciada

Publicado o 15/10/2019 21:34

Silencio porque xa de por si a morte non é fácil de expresar. Silencio tamén porque teñen que vivir un dó que case non está autorizado. Porén, cómpre moito falalo, asimilalo e xestionar a dor.

Segundo a OMS 2,6 millóns de bebés morren durante o embarazo ou aos poucos días de nacer. En España son unhas 1.000 familias ao ano. O colectivo ponlle voz hoxe a tanto silencio en forma de reclamacións. Piden un protocolo sanitario que lles dea apoio psicolóxico e que estes bebés estean recoñecidos no Libro de Familia.

Por silenciar tamén os silencia a terminoloxía. Orfos, orfas, viúvos, viúvas pero... que nome teñen estas familias? Coma a de Luísa, máis familias galegas súmanse a estas reclamacións. Identidade e coidados para un dó en que elas tamén teñen que aprender a camiñar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/10/2019