CRTVG

Buscar

Día histórico para Jorge Prado, que gaña o seu primeiro Gran Premio en MXGP

Publicado o 09/09/2020 17:35

• Quedou segundo nas dúas roldas en Faenza

O galego Jorge Prado, con tan só 19 anos, fixo historia ao gañar o Gran Premio Citta dei Faenza (Italia), sétima proba do Mundial da categoría raíña de motocrós, MXGP. Prado, campión mundial de MX2 os dous anos anteriores, non puido vencer en ningunha das dúas roldas disputadas este mércores, pero dúas segundas prazas, tras o suízo Jeremy Seewer (Yamaha) e o esloveno Tim Gajser (Honda), vixente campión, valéronlle para levar a súa primeira proba na elite.

A proba estivo marcada tamén pola baixa do líder da xeral, o neerlandés Jeffrey Herlings (KTM), quen non puido participar tras sufrir unha aparatosa caída nos adestramentos previos á primeira carreira e tivo que ser trasladado a un hospital con, aparentemente, unha lesión no pescozo. O piloto lucense, que en meses pasados sufriu unha fractura de fémur e outra de clavícula, tardou tan só sete carreiras en subir ao máis alto do podio entre os máis grandes do motocrós actual, a pesar de que os contratempos prexudicaron a súa posta a punto.

 

 

 

 

 

Noticias web

09/09/2020