CRTVG

Buscar

Día grande dos magostos en Ourense

Publicado o 11/11/2018 19:11

Contan que para sacar adiante un magosto con xeito hai que empezar polo fundamental: o primeiro, unha fogueira con leña dabondo, segundo: avisar de que a festa está en marcha, e terceiro asar as castañas. E todo o que veña despois é benvido. A carne, os chourizos e o viño novo, tampouco poden faltar.

O magosto é, sen dúbida, unha festa gastronómica, pero tamén un dos momentos preferidos do ano para xuntarse coa familia e os amigos. Aquí en Castro de Beiro, moi preto de Ourense, levan mais de tres décadas compartindo este magosto popular.

E, por certo, hoxe o tempo acompañar, non acompaña demasiado, pero din que non hai choiva que estrague a festa. Recende a magosto en Ourense, unha xornada de festa que para moitos hase prolongar ata ben entrada a noite.

Noticias web

11/11/2018