CRTVG

Buscar

Día grande das festas de Zaragoza coa Ofrenda de Flores á Virxe do Pilar

Publicado o 12/10/2017 17:10

Xornada festiva tamén en Zaragoza. Miles de persoas participan desde as sete da mañá na tradicional Ofrenda de Flores á Virxe do Pilar. Este ano adiantaron a hora de comenzo para que dese tempo a que todas as agrupacións e particulares inscritos puidesen levar os seus ramos. Con eles vaise conformando un manto de flores sobre a plataforma de 15 metros de alto coroada pola imaxe da 'pilarica'. O ritual prolongarase ata as nove e media da noite animado polos cantos e bailes tradicionais de Aragón e das comunidades de calquera parte do mundo que se suman a festa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2017