CRTVG

Buscar

Ocio e gastronomía centran o día grande da Festa da Arribada, en Baiona

Publicado o 03/03/2019 19:23

Baiona segue instalada en 1493, o ano en que Martín Alonso Pinzón chegou á vila coa nova do descubrimento de América. Nesta Festa da Arribada, o ocio tamén é de época e mesmo a gastronomía busca achegarse ao medievo. 

Hai 526 anos que a carabela a Pinta chegaba a Baiona coa nova da descuberta do novo mundo, un fito histórico que permitíu que persoas como a californiana Jakcie estean hoxe en Galicia

A vila énchese de oficios doutros tempos: músicos, alfareiros, ferreiros, cesteiros ou canteiros que tantos anos despois aínda seguen traballando dentro e fóra de Galicia con grande éxito.
A festa é unha oportunidade única para os negocios da vila en xeral e sobre todo para os restauradores.

Ademais das tapas típicas galegas que se consomen en todas as festas e o crioulo chouripán, os asistentes á Arribada poden gozar este ano dunha gran novidade gastronómica, a pizza de xabaril.

Pola tarde a festa continúa coa representación teatral da Arribada, un espectáculo de acrobacias e outro de Troula Animación que completan o de tiro con arco e as outras animacións da mañá.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/03/2019