CRTVG

Buscar

Día Europeo da Obesidade: a cirurxía bariátrica reprograma os xenes metabólicos

Publicado o 20/05/2019 21:34

Despois dunha cirurxía bariátrica, a que se emprega para reducir a obesidade, os xenes metabólicos reprográmanse e volven funcionar igual que nas persoas con peso normal. Isto tamén sucede cando a perda de peso se produce por un cambio no estilo de vida.

E iso prodúcese porque, ao reducir o tecido graxo, diminúen tamén os niveis de substancias prexudiciais que segrega. E aí chégase nos casos máis extremos a través da cirurxía bariátrica e noutros cun estilo de vida máis saudable que favoreza a perda de peso. Unha vez que os xenes metabólicos volven funcionar igual que nas persoas con normopeso diminúe tamén o risco de aparición de enfermidades relacionadas coa obesidade.

Coincidindo co Día Europeo da Obesidade, lémbrannos tamén que o ambiente e os hábitos saudables da nai e do pai son claves para a saúde da súa descendencia. Un menor con obesidade ten un 82% de posibilidades de ser un adulto obeso.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/05/2019