CRTVG

Buscar

Día dos Namorados, festa da paixón romántica

Publicado o 14/02/2020 14:47

Digan o que digan, o amor romántico xa non move montañas.

Por moito que se afanen os comerciantes, o movemento é escaso para comprar, por exemplo, alimentos afrodisíacos como as ostras.

Nos restaurantes din que non teñen máis reservas do habitual. Poden influír os que prefiren sorprender na casa cunha cea especial sen pisar a cociña.

Si se nota como un día grande no mercado de rosas vermellas, xa sexan de verdade, de cera ou de chocolate. Ao longo da mañá do 14 de febreiro venden todas as existencias de rosas, sempre na cor da paixón.

Sempre están os máis prácticos que prefiren agasallar algo que dure o máis posible, quizais como símbolo de perdurar como parella no tempo.

Pero, como en todo, nisto do amor sempre encontramos os inaccesibles ao desalento, irredutibles que celebran, e ao grande, o San Valentín.

Paixón que é exemplo para os máis descridos.

Noticias web

14/02/2020