Día do Cancro Infantil: dous de cada dez non superan a enfermidade
Publicado o 15/02/2021 11:18
Cada ano 1.400 nenos ou nenas son diagnosticados de cancro, e dous de cada dez non superan a enfermidade. Hoxe celébrase o Día do Cancro Infantil.
Detrás de cada diagnóstico hai un pequeno guerreiro. Imos coñecer un deles. Na Illa de Arousa vive Iago, un neno de nove anos.
Con dous anos detectáronlle leucemia e a súa familia tardou un tempo en asimilar o que pasaba.
O neno comezou con febre e os pais pensaban que era unha gripe mal curada.
A primeira semana foi moi dura para eles. Iago precisou dun transplante de medula.
O pai de Iago destaca todo o apoio que lles brindou a Fundación Andrea.