CRTVG

Buscar

Día de pouca actividade no que se nota que case non hai turismo

Publicado o 19/03/2021 14:43

É a estación ferroviaria de Guixar en Vigo a media mañá, case totalmente baleira. A cantina e o quiosco pechados dan imaxe de desolación. Aquí é onde chegan os trens de media e longa distancia hoxe moi escasos e con poucos viaxeiros; este que vén chegaba ás once e media desde Ponferrada con preto de media ducia de pasaxeiros.

A ponte deste ano é distinta para todos en cidades como Vigo; moitos que aproveitaban estas datas para viaxar ás illas ou a esquiar quedan nas casas a gozar da longa fin de semana doutro xeito. A maioría dos cidadáns considera que compensa moderarse ou conterse agora ata logo da semana santa para poder gozar dun bo verán con garantías e que todos deberían facelo.

Nas rúas tamén critican as festas de estranxeiros en pisos que se están celebrando noutras comunidades.

Noticias web

19/03/2021