CRTVG

Buscar

Día de paseos pola praia e baños nun 1 de xaneiro con temperatura primaveral

Publicado o 01/01/2019 14:23

Comezamos 2019 con mellor tempo imposible. Loce o sol e hai que aproveitalo. Son moitos os que enchen paseos coma este de Sanxenxo e aproveitan para pisar por primeira vez a area en 2019.

Con este día, os propósitos deste 2019 non poden ser outros ca estes. Paseos, exercicio para queimar as calorías da cea de fin de ano e día perfecto tamén para facer turismo e viaxar.

Destinos como as Rías Baixas con máximas rozando os 20 graos son o plan perfecto para gozar do novo ano. Na Coruña tamén se puido ver esta mañá os que optaron polo baño na praia para comezar o ano.

Aínda que o día estaba frío, a saída do sol animou algúns coruñeses a baixar ata a praia de Riazor para dar conta do primeiro baño do 2019. A auga estaba fresca, pero para moitos dos bañistas xa é este un hábito diario alén dos caprichos ou dos rigores do termómetro.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/01/2019