CRTVG

Buscar

Día da Internet Segura: por un uso positivo da tecnoloxía dixital, sobre todo, entre os menores

Publicado o 09/02/2021 21:37

O Día da Internet Segura celébrase en todo o mundo. O seu obxectivo é alertar dos perigos que pode haber nas tecnoloxías dixitais e, sobre todo, promover un uso seguro e positivo delas entre os menores. 

"En España e en Europa está prohibido que os menores de 14 anos estean activos en redes sociais, e o 90% dos menores de 12-13 anos recoñecen que teñen redes sociais activas". Así pide Manuel Isorna, experto na prevención de condutas adictivas, máis implicación dos gobernantes e da industria para protexer os menores da súa indefensión en Internet.

O consumo abusivo da tecnoloxía dixital pode implicar problemas de saúde, vida sedentaria, alteracións do son, fracaso escolar, etcétera. "A avalancha de páxinas porno con que se ve bombardeado todos os días un adolescente non é normal. E teñen tan naturalizada a violencia que perciben nas pantallas, en Internet, que nin a consideran violencia".

Un de cada tres usuarios de Internet é un neno. A implicación dos pais resulta esencial, e han de tomar certas medidas, como coñecer ben que tipo de páxinas visitan e prohibir levar dispositivos á cama. 

Aprenderlles aos menores un uso seguro, responsable, respectuoso, positivo e creativo de Internet é o comezo da a prevención, da solución.

Noticias web

09/02/2021