CRTVG

Buscar

Día contra o Acoso Escolar: o 15% dos alumnos padece abusos

Publicado o 02/05/2019 19:55

As cifras seguen aumentando no acoso escolar. No último ano, o Ministerio de Educación detectou 5.500 posibles casos, e moitas das vítimas levaban incluso anos padecendo os abusos. Os casos máis extremos poden rematar en suicidio, polo que a prevención segue sendo a mellor arma de loita e a implicación dos propios alumnos é fundamental. Algúns actúan de mediadores nos seus colexios para que un conflito puntual non chegue a ser un caso de acoso. 

Din os expertos que hai que estar moi vixiantes aos cambios no carácter dos nenos porque cando silencian os abusos poden botarse a culpa. Imprescindible promover unha convivencia positiva e unha intervención axeitada nos problemas do día a día.

Lembrar que o acoso non só se manifesta en agresións físicas, senón tamén en insultos e humillacións, e cada vez máis, a través de Internet.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/05/2019