CRTVG

Buscar

Día clave para Anquela

Publicado o 06/10/2019 13:58
O deportivo recibe hoxe o Almería

A habitual xestualidade de Anquela non o transmite pero o adestrador confía.

O técnico deportivista amósase con ganas. "Aínda as teño e cada vez máis porque o reto é complucado e é cada vez máis difícil. Eu creo no traballo que facemos e creo que nós somos capaces de revertir esta situación. E que é a miña obriga como adestrador e por riba creo niso"

90 minutos que marcaran un devir, un futuro que cada vez semella máis escuro para o técnico. A única opción é que esta tarde, diante do puxante Almería, repita o éxito, único éxito ata agora, da primeira xonada de liga. Unha ledicia efémera que non tivo continuidade e que achega máis que nunca a posibilidade de que, moi cedo, sexa outro o que ocupe o luger central desta imaxe

 "Iso dicídelo vós, do club ninguén, só vós, e creo que estades no certo". Unhas palabras que poden ser as última liñas do libro deportivista de Anquela se o fútbol, caprichoso, non o evita.

Noticias web

06/10/2019