CRTVG

Buscar

Día clave para a lexislatura coa votación dos presupostos

Publicado o 13/02/2019 09:38

De triunfar as emendas habería unha posterior convocatoria electoral para a que se baralla unha nova data, o 28 de abril 

• Irene Montero (Podemos): "Seguimos traballando ata o último minuto"

• Pleno do Congreso en directo

A expectativa informativa da xornada é que hoxe mesmo podería haber convocatoria de eleccións xerais. Non se prevé a retirada das 6 emendas á totalidade e o Goberno dá por feito que as súas contas para 2019 non poderán tramitarse.

María Jesús Montero, ministra de Facenda: "Se a tramitación dos presupostos depende de que se acepte falar sobre o que vostedes chaman dereito de autodeterminación sobre Cataluña, adiántolles xa que non haberá presupostos".

O voceiro da Esquerra Republicana falou tras o pleno co líder de Podemos, pero Tardá insiste en que non retirarán a emenda e culpa o Goberno por -dixo- ceder ás presións da dereita. 

Joan Tardá, ERC: "E non foron capaces de aguantar o ballón da dereita".

María Jesús Montero, ministra de Facenda: "Sinceramente, penso, señor Tardá, que é un erro histórico que Esquerra Republicana non aprobe estes presupostos. Penso que non se vai comprender en Cataluña, que un partido de esquerda, á parte de republicano, non apoie a mellora das contas públicas".

Ferrán Bel, PDeCAT: "Retornen ao xoves pola mañá e nós retiraremos a emenda se podemos pechar o pouquiño que facía falla".

No cara a cara cos líderes de PP e Ciudadanos, a ministra culpounos de sumir o país nunha "intolerable escalada de crispación".

Albert Rivera, presidente de Ciudadanos: "Estes presupostos son o testamento político do señor Sánchez, o derradeiro documento que plasma o sanchismo".

María Jesús Montero, ministra de Facenda: "Vostede está vivindo ao lombo da crispación, da confrontación. Pero, sabe o peor do que vostede reflicte cada vez que fala, señor Rivera? Que vostede ten unha ansiedade por ser presidente e por chegar á Moncloa".

Pablo Casado, presidente do PP: "Que pretenden? Expadir o gasto, a ver se coa? Darlles de forma asimétrica unha suba de máis do 50 % dos investimentos en Cataluña cando mete unha tesoirada ás de Galicia, ás da Rioxa, ás da Comunidade de Madrid?".

María Jesús Montero, ministra de Facenda: "Saben onde está o milagre económico do Partido Popular, señor Casado? No cárcere".

Sánchez, que podía intervir en calquera momento do pleno, non interveu. Ao final, despois de oito horas de sesións, a ministra de Facenda recibía felicitacións dos seus compañeiros pola presentación das contas públicas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2019