CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Dezaseis firmas galegas presentan as suas coleccións de moda na feira Momad Metrópolis de Madrid

Publicado o 02/02/2018 21:18

Momad Metrópolis é unha cita de referencia para a industria da moda española. Máis de 900 firmas nacionais e internacionais presentan coleccións para este inverno e tamén para a próxima temporada primavera-verán. Galicia conta cunha ampla representación.

Aí, lucindo, o Premio Nacional á Moda e Excelencia Profesional. Un recoñecemento que lle chegou a Tartaruga Spirit días antes de afrontar unha nova aposta.

É unha das dezaseis firmas galegas que veñen a Momad Metrópolis a presentar as súas coleccións. Viriato, Oki, Carmén Melero ou Alba Conde son xa clásicos desta feira.



A feira abre este ano o espazo MOMAD 4.0, unha resposta á necesidade da industria de prestar atención á transformación dixital.

Momad Metrópolis está aberta ata o domingo.

Telexornal Serán

02/02/2018