Dezaseis empresas hostaleiras buscan 200 novos empregados en Santiago
Publicado o 28/02/2019 15:58
Nacho e José Manuel, graduados en Xestión Hoteleira, entrevístanse coas responsables dunha cadea con 200 hoteis en todo o mundo. Quizais teñen unha vacante para eles. O sector medra e as empresas acoden a Galicia na busca de profesionais altamente cualificados.
Nos corredores, o resto dos candidatos agardan a súa vez para as entrevistas persoais. Deste obradoiro de emprego poderían saír 200 contratos de perfís variados.
Casar a oferta e a demanda de emprego é o obxectivo deste obradoiro que, coa de hoxe, suma doce edicións.