CRTVG

Buscar

Dezaseis días de aplausos para agradecer o labor dos sanitarios

Publicado o 29/03/2020 21:19

Lugo. Décimo quinto día nas casas, que son xa trincheiras, espazos familiares de resistencia en tempos de loita. Pero tras as portas que pechou a pandemia, a vida non se detén e agroma a esperanza, esa que cada tarde, puntual, abre as ventás e rompe o silencio das cidades detidas.

A Coruña. Soan os aplausos e en moitas lugares tamén hai música e sorrisos de nenos que asoman tralos cristais decorados con arcos da vella. Queda un día menos para retomar os plans cancelados, para os encontros pospostos, para recuperar os espazos clausurados.

É a imaxe das oito da tarde, repítese en cada rúa, en cada barrio. Aplausos terapéuticos que chegan aos que están en primeira liña, aos que traballan sen descanso para gañar a batalla.

Noticias web

29/03/2020