CRTVG

Buscar

Dez persoas falecidas e centos de evacuadas polas fortes chuvias en Chile

Publicado o 09/02/2019 21:30

En Chile, ascenden a dez as persoas falecidas tamén polas fortes chuvias dos últimos días. Outras dezanove permanecen desaparecidas, segundo informaron as autoridades.

As precipitacións afectan sobre todo a varias rexións do norte do país. Centos de casas, zonas de cultivo e vías de comunicación quedaron seriamente danadas polos asolagamentos.

 

Noticias web

09/02/2019