CRTVG

Buscar

Dez persoas detidas e intervidas 20 millóns de doses de medicamentos ilegais

Publicado o 25/05/2019 15:16

A Policía interveu en Valencia 20 millóns de doses de medicamentos ilegais en 300 presentacións diferentes que poderían xerar uns 80 millóns de euros de beneficio no mercado negro e detivo as dez persoas que formaban a organización criminal que os distribuía.

Os produtos ofertábanse mediante "invitación" a coñecidos e só mediante pago en efectivo, a través de tendas de nutrición, ximnasios e bares. A orixe dos medicamentos radicaba en países como México, a China, Portugal, Bulgaria ou Romanía.

A investigación iniciouse a partir de dúas operacións en 2016 e 2018 e finalizou este mes en doce domicilios da provincia de Valencia, onde tamén se requisou diñeiro en efectivo e unha plantación de marihuana.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/05/2019