CRTVG

Buscar

Dez persoas como máximo na mesa no Nadal

Publicado o 03/12/2020 09:05

O plan para o Nadal deseñado polo Ministerio de Sanidade contou co apoio da maioría das comunidades, agás Cataluña, que se abstivo co argumento de que ten xa o seu propio plan, e Madrid, que non quere cerrar a rexión. Con todo, o acordado é que as comunidades autonómas queden pechadas perimetralmente entre o 23 de decembro e o 6 de xaneiro.

Salvador Illa, ministro de Sanidade: "Este Nadal debemos restrinxir ao máximo a mobilidade e só nos casos taxados no decreto do estado de alarma e para visitar famliares próximos podemos autorizar desprazamentos. As CC. AA. poden regular os días en que se autoriza a visita a un familar ou achegado".

O toque de recollida amplíase o 24 de decembro e na última noite do ano ata a unha media da madrugada. Limítase o número de persoas que poderán sentar á mesa en Noiteboa, Nadal, Noitevella e Aninovo, nenos incluídos.

Salvador Illa, ministro de Sanidade: "Imos restrinxir as reunións a dez persoas. Dez persoas cunha recomendación de que sexan persoas que pertenzan a un mesmo núcleo de convivencia ou a dous como máximo.

Recomendan que os estudantes que se despracen entre comunidades autónomas limiten os contactos dez días antes. E que os usuarios de centros sociosanitarios que saian neses días non se movan do círculo dun único núcleo familiar.

Carolina Darias, ministra de Política Territorial: "Non se trata só de celebrar un Nadal diferente. Trátase de poder celebrar moitos máis nadais".

Sanidade recoméndalles ás comunidades autonomas que restrinxan ao máximo as autorizacións para facer actos masivos nesas datas e que as cabalgatas de Reis sexan estáticas. Aos cidadáns pídelles que planifiquen as compras do Nadal para evitar aglomeracións.

Noticias web

03/12/2020