Dez países da UE, entre eles España, reúnense para coordinar a apertura do espazo Schengen
Publicado o 18/05/2020 08:55
Dez países da Unión Europea participan este luns nunha reunión para coordinar a apertura gradual do turismo.
Alemaña convocou os ministros de Exteriores deses dez países, entre eles España, para intentar compasar as medidas relativas á circulación no espazo Schegen. Non está previsto que pacten un calendario concreto, pero queren iniciar o diálogo para actuar de xeito coordinado cando se retiren as medidas de emerxencia polo coronavirus.