CRTVG

Buscar

Falecen dez persoas con covid−19 en Galicia, entre elas un mozo de 28 anos dun centro de discapacidade

Publicado o 01/12/2020 20:14
Falecen dez persoas con covid−19 en Galicia, entre elas un mozo de 28 anos dun centro de discapacidade

Galicia alcanzou este martes os 1.221 falecementos por covid−19 desde o inicio da pandemia despois de que nesta xornada a Consellería de Sanidade notificase dez mortes máis.

Eran unha muller de 80 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF), un home de 93 no Hospital do Salnés e un mozo de 28 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI), procedente da residencia de discapacidade Doral.

No Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) morreron unha muller de 88 anos e un home de 68. No Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) faleceron un home de 97 anos e unha muller de 67. No Hospital Lucus Augusti (HULA) morreron unha muller de 82 anos procedente da residencia San Salvador de Guntín e unha muller de 74 usuaria da residencia de Vilalba. Un home de 84 anos morreu no Hospital HM-Modelo Belén da Coruña.

Todas estas persoas tiñan patoloxías previas, sinala o Servizo Galego de Saúde.

Noticias web

01/12/2020