CRTVG

Buscar

Un morto e seis feridos graves no incendio que destruíu un hotel en Marbella

Publicado o 21/08/2020 11:03

Un grande incendio arrasou esta madrugada un hotel de Puerto Banús, en Marbella. Hai unha decena de feridos, a maioría por inhalación de fume.

A voracidade do lume obrigou a desaloxar un edificio lindeiro. Descoñécese como se iniciou o incendio. Nese momento había un cento de persoas aloxadas no hotel. As lapas quedaron extinguidas pasadas as oito da mañá. Os equipos de emerxencias están refrescando a estrutura e revisando as instalacións para asegurarse de que non hai ninguén no seu interior.

Noticias web

21/08/2020