Dez farmacias de Arteixo inauguran os tests de saliva na provincia da Coruña
Dez farmacias do concello coruñés de Arteixo teñen a disposión da poboación o test de saliva para a deteción da Covid-19. Nunha delas dispensaron un, pero ao longo do día xa recibiron moitas chamadas para pedir información, polo que cren que a partir do sábado o número aumentará considerablemente. O xeito de realizar este test é moi sinxelo e deberá facerse a primeira hora da mañá
"A primeira hora da maña, sen beber auga, sen fumar, acabado de levantar. Xerar saliva coa lingua , ila depositando,trae un embude para facilitalo. Entón ir enchendo ata unha marca, axitar, pechar e entregar na farmacia", explica Juan Vázquez
Con todo hai uns requisitos para facer a proba "Non ser positivo os últimos tres meses, non ter feito unha PCR nos últimos 15 días, no ter estado en contacto, non ter síntomas", salienta Vázquez.
O test entrégase na farmacia e posteriormente envíase ao laboratorio de referencia en Vigo. Este cribado de detección da Covid-19 faise en colaboración coa Consellería de Sanidade e é totalmente garatuíto. O seguinte concello coruñés en realizar este cribado a través das farmacias será o de Culleredo.