CRTVG

Buscar

Dez falecidos e un neno desaparecido na maior catásfrofe ocorrida en Mallorca en case 30 anos

Publicado o 10/10/2018 21:11

Sant LLorenç está devastado tralo paso dunha das tres maiores treboadas do século. 300 litros por metro cadrado que en poucas horas desbordaron o río. A auga entrou nas casas, levou por diante os coches e destrozou todo o que atopou no seu camiño cara o mar. Quen peor o pasou, a xente atrapada nos vehículos.

"Pensei que ía morrer dentro. Pero despois dixen, non quero morrer, rompín o cristal e saín nadando. A auga corría por todas partes", relata un veciño.

"Chegamos a rotonda e non puidemos ir nin para diante nin para atrás. Así estivemos dúas horas incomunicadas", explica unha muller.

Durante o día intensificáronse os labores de busca dos desaparecidos. Tocou revisar o interior de todos os coches amoreados ou semiocultos baixo toneladas de lama. Outros equipos peiteaban a costa e as zonas rurais coa axuda de cans adestrados.

A perda de vidas humanas é o peor da maior traxedia que vive a illa en 29 anos. Unhas cincocentas persoas quedaron feridas. Moita familias da comarca terán que comezar as súas vidas de cero tras ver arrasada a súa casa, campos de cultivo ou negocios. Recuperar as infraestruturas tamén vai ser moi custoso. A riada desfixo cinco pontes e rebentou o firme das estradas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2018