Dez empresas de Celanova reclaman unha alta conexión para traballar nos seus negocios
Publicado o 05/05/2021 15:18
Traballar na era do teletraballo e as reunións virtuais cunha conexión de Internet do século pasado. Esta é a situación que denuncian unha decena de empresarios do parque industrial de Celanova, ata onde non chega o servizo de fibra óptica.
Varios dos negocios son talleres de coches e din que lles causa numerosos atrancos. E tamén afecta a veciñanza. O peor, din, é que a empresa de telefonía fixo parte da instalación da fibra óptica en terreos das súas propiedades, ao carón dos negocios, pero eles seguen sen servizo, por iso piden unha solución. Están recollendo sinaturas e din que só piden un servizo básico para traballar no século XXI.