CRTVG

Buscar

Dez dos novos despedimentos en Euskaltel serán na galega R

Publicado o 11/07/2019 19:04
Dez dos novos despedimentos en Euskaltel serán na galega R

A dirección do grupo Euskaltel anunciou hoxe ao comité de empresa 25 despedimentos, dos cales dez afectarán a galega R, oito á matriz vasca Euskaltel e sete á asturiana Telecable, que se suman aos directivos que xa están fóra, e non se descartan máis axustes.

Tras este anuncio, a representación dos traballadores efectuou unha "concentración de rexeitamento" aos despedimentos na sede da empresa biscaína en Derio.

O conselleiro executivo de Euskaltel, José Miguel García, que xa apuntara esta semana a súa intención de "simplificar" a estrutura organizativa do grupo e facer das tres empresas unha única máis "rendible" e "competitiva", foi o encargado de transmitir a decisión aos representantes dos traballadores.

O presidente do comité de empresa asegurou que "hai actividade e polo tanto non hai motivos aparentes nin razóns económicas que xustifiquen eses despedimentos".

Euskaltel mercou a galega R Cable en xullo de 2015 por un prezo superior aos mil millóns de euros.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí