Dez detidos e dúas toneladas e media de haxix incautadas en Almería
Publicado o 30/04/2020 13:02
A Garda Civil detivo en Almería dez presuntos membros dunha organización dedicada ao tráfico de haxix a gran escala. As detencións producíronse tras interceptar de noite unha descarga de dúas toneladas e media desta substancia nunha praia de Adra. Ao seren descubertos, os narcotraficantes fuxiron por separado pero foron posteriormente detidos.
Á parte dos 88 fardos, os axentes comisaron 54 garrafas con máis de mil litros de gasolina e varios vehículos.