CRTVG

Buscar

Dez concellos superan os mil casos por 100.000 habitantes

Publicado o 07/09/2021 15:05

Polos datos epidemiolóxicos, Toques é un dos candidatos a subir de nivel. Polo momento, está no chanzo máis baixo de restricións. A incidencia acumulada a catorce días baixou un pouco, pero continúa por riba do milleiro de casos por 100.000 habitantes. En Galicia, hai dez concellos que superan esta barreira.

Toques ten poucos negocios e a maioría traballa cos municipios lindeiros. Melide, que se atopa no nivel máximo de restricións, é unha das localidades de referencia.

Nos últimos catorce días diagnosticáronse doce novos casos. Na rúa vinculan o gromo coas festas de San Roque de Melide. En xullo, tamén se disparara a incidencia por varios contaxios importados das Rías Baixas.

Cunha poboación de pouco máis de mil habitantes, un gromo pequeno pode ter consecuencias importantes para o municipio. As autoridades locais quedan pendentes do que decida o comité clínico.

Noticias web

07/09/2021