CRTVG

Buscar

Dez concellos pontevedreses acordan manter pechadas as piscinas este véran

Publicado o 08/06/2020 18:52

Os concellos pontevedreses de Arbo, As Neves, A Cañiza, Covelo, Crecente, Mondariz, O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Tui acordaron manter pechadas as súas piscinas este verán para garantir a "seguridade" da cidadanía ante a pandemia da COVID-19.

Mediante un comunicado conxunto, os concellos detallaron que adoptaron esta medida tras realizar unha "análise exhaustiva" da situación tras a recepción dos protocolos correspondentes elaborados polo Ministerio de Sanidade. Sinalaron que a normativa esixe unhas condicións que resulta complicado que poidan cumprir os municipios, como continuos labores de limpeza e desinfección, o mantemento da distancia de seguridade entre os usuarios das piscinas e a limitación da súa capacidade, así como do tempo de acceso ás mesmas.

Os concellos apuntan que se establece a necesidade de realizar continuas achegas de auga ás piscinas, controlar a súa cloración e utilizar desinfectantes de modo constante, o que prexudicaría "notablemente" o medioambiente. Ademais, sinalaron que, durante o peche, acometeranse distintas melloras nas instalacións para permitir a súa reapertura cando a situación posibilite que se realice con todas as garantías necesarias.

Noticias web

08/06/2020