CRTVG

Buscar

Dez comunidades autónomas, con avisos por chuvia e sarabia

Publicado o 11/08/2020 21:29

Son imaxes da localidade sevillana de Estepa, onde as fortes precipitacións provocaron unha riada que tirou parte da fachada dunha casa e que levou por diante todo o que atopou ao seu paso.

Andalucía é unha das comunidades autónomas en que se mantén o aviso por fortes precipitacións. En Castela-A Mancha o aviso é laranxa por treboadas, como esta sarabiada que caeu esta tarde en Cidade Real, acompañada de aparato eléctrico, e que estragou os cristais de moitos coches.

Tamén hai risco de treboadas no sistema ibérico e no Cantábrico. Na localidade madrileña de Torrelodones, un home quedou ferido pola queimaduras producidas por un lóstrego. Nas últimas 24 horas contabilizáronse máis de quice mil descargas eléctricas en España.

Noticias web

11/08/2020